Inicio





Menú Principal
Inicio Inicio
Que é ArquitecturaGalega.net? Que é ArquitecturaGalega.net?
Historia da Arquitectura Galega Historia da Arquitectura Galega
Arquivo Arquivo
Banco de Imaxes Banco de Imaxes
Arquitectura Destrutiva Arquitectura Destrutiva
Ligazós Ligazós
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Taboleiro de Anuncios Taboleiro de Anuncios
Consulta tódalas novas publicadas Consulta tódalas novas publicadas
Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net
Proxecto Asociado a:
CiberIrmandade da Fala CiberIrmandade da Fala
Verbas Dicionario
O Dicionario ten:
319 Verbas en Galego
211 Verbas en Castelán
206 Verbas en Catalán
Total de Ligazós
7 Categorías
77 ligazóns
Inicio
II Foro internacional cidade, territorio e urbanismo [CITUR2008]
Domingo, 16 de Novembro do 2008

CITUR2008 Os vindeiros días 3, 4 e 5 de Decembro celebrarase no Pazo de Congresos e  Exposiciós de Santiago de Compostela a segunda edición do Foro internacional cidade, territorio e urbanismo [CITUR2008]. Baixo do título “A cidade, de novo global” desenvolverase en catro bloques temáticos diferenciados:

• A cidade en rede.
• A cidade fronte outras.
• A cidade de cidades.
• A cidade de arquitecturas.
 
Diste xeito, as xornadas pretenden ofrecer unha aproximación paulatina ás diversas configuraciós de redes urbanas que supoñen unha redefinición do territorio e da cidade, como punto de partida pra expoñer novas estratexias de ordenación territorial, modos de defini-la cidade contemporánea dende parámetros alternativos e reflexionar sobor da inserción de novas arquitecturas na cidade consolidada.

Contará coa participación dos conferenciantes de recoñecido prestixio como os arquitectos Manuel Solá Morales, Andreas Faludi e José María Ezquiaga, os sociólogos Alain Bourdin e José Miguel Iribas, os xeógrafos Stephen Graham e Edward W. Soja, o enxeñeiro Dino Borri e o filósofo Francisco Jarauta, entre doutros.

Está organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta da Galiza e o Colexio Oficial de Arquitectos da Galiza, coordinado por Andar Quatro Arquitectura e avalado polas tres Universidades galegas.

Máis información en www.citur.org.

 

Última actualización ( Domingo, 16 de Novembro do 2008 )
 
Segundo número d'A Torre do Castro
Domingo, 09 de Novembro do 2008
A Torre do Castro Sae o segundo número da revista cultural e turística do concello de Sandiás, A Torre do Castro, coa lembranza do quincuaxésimo cabodano do inicio das obras de desecación da Lagoa da Antela.

Hai cincuenta anos, no 1958, comezaban as obras de desecación da Lagoa da Antela. Iste aniversario é o eixo do segundo número d'A torre do castro, a Revista Cultural e Turística do Concello de Sandiás. Lendas, biodiversidade, feitos históricos e unha reportaxe sobre o novo Centro de Interpretación diste espazo compoñen o groso da entrega desta publicación municipal.

Máis información en CulturaGalega.org e no web do Concello de Sandiás.

 

Última actualización ( Domingo, 09 de Novembro do 2008 )
 
Curso de vrao VIVENDA E ESPAZOS DE RELACIÓN NOS NÚCLEOS TRADICIONAIS DE GALICIA.
Domingo, 20 de Xullo do 2008

Curso de vrao Do 21 ao 24 de xullo terá lugar en Allariz o curso de verán VIVENDA E ESPAZOS DE RELACIÓN NOS NÚCLEOS  TRADICIONAIS DE GALICIA. (2 CRÉDITOS DE LIBRE CONFIGURACIÓN POLA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA).

Obxectivos:
Tendo en conta que a planificación de intervención nos cascos históricos centranse  fundamentalmente nos edificios,  esquecendo en moitas ocasións os espazos públicos e a relación cos territorios circundantes. Diriximos as intencións deste curso  a estes, en canto que conforman os auténticos escenarios de relación social e convivencia.

Dende dúas perspectivas:
1.- A redacción das normativas urbanísticas axeitada a estes e a propia intervención nos espazos.
2.- Laboratorios de traballo: núcleos de Allariz, propostos pola Oficina de Rehabilitación, de modo que o resultado das actividades  realizadas resulte útil para futuros traballos  do Concello. Serán pois, prácticas reais e non simples exercicios de curso. Complementarias das ensinanzas recibidas na Universidade que ao tempo xerarán debates que nos aproximarán  a unha visión integral das especificidades dos núcleos de Galicia e ao seu entorno, aprendendo do que existe e que queremos conservar para traspoñelo ao resto do territorio.

Temas a estudar:
- Tipoloxías arquitectónicas.
- Tipoloxías construtivas- patoloxías.
- Os detalles construtivos.
- Construcións adxectivas.
- Espazos públicos nos núcleos, relación cos espazos privados e elementos definitorios destes.
- Os motivos da desaparición dos espazos de relación.
- Camiños e vías.
- Toponimia.
-  As normativas urbanísticas nos núcleos rurais.
-  Os crecementos e transformacións nos núcleos rurais.

Última actualización ( Domingo, 20 de Xullo do 2008 )
Ler máis...
 
Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela)
Luns, 07 de Xullo do 2008
Areeira recuperadaA Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela) abriuse fai pouco en Sandiás, nunha casa tradicional rehabilitada para tal fin,  e nil preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa de Antela, a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación,  ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras. Pra iso, preténdese levalo cabo a través de modernos soportes audiovisuais (cámaras teledirixidas pra observa-lo que está a acontecer nos humedais, breve documental sobre a lagoa de Antela e sobre o patrimonio historico-artístico da zona, etc.), paneis interpretativos, explicaciós didácticas, etc. Por medio destes recursos os  visitantes poderán observar e coñecer a grande diversidade de aves que habitan de forma esporádica ou permanente na comarca, tentando con isto incrementa-la sensibilidade medioambiental, así como implicar ós visitantes na salvagarda do noso patrimonio cultural e medioambiental.

Co eslogan ¨Vennos descubrir¨, preténdese a  visita e o descubrimento da memoria da lagoa de Antela en Sandiás, xusto cando neste ano se cumpren os 50 anos do comezo das obras de desecamento (1958-2008).

Para saber máis:

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=12492
 
Última actualización ( Luns, 07 de Xullo do 2008 )
 
Máis de 1100 imaxes de arquitectura tradicional galega no Flickr
Martes, 24 de Xuño do 2008
O grupo de arquitectura tradicional galega do Flickr (Xavier de www.culturapopulardesandias.com) xa superou as 1100 imaxes, e segue a medrar grazas á colaboración de todos e todas.
 
Lembremos que iste é un grupo aberto a incorporar imaxes do noso rico patrimonio arquitectónico tradicional (airas/eiras, alpendres, alvarizas, batás, capelas, casas-vivendas, peches, chozos, curros, fabricas de curtidos, ferreirías, fontes, fornos, hórreos, etc.), moito dil condeado á súa desaparición, se non tomamos cartas no asunto.
 
 
Última actualización ( Martes, 24 de Xuño do 2008 )
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 9 de 40

Ligazós ó Chou:
ARQO, Arquitectura e Urbanismo  Editorial Gustavo Gili 
Arquitectos sin fronteras  Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento 
Ciberirmandade da Fala  Murguía, Revista Galega de Historia 
As Ligazós Máis Recentes:
ARIAL  ARQO, Arquitectura e Urbanismo 
Libraría a súa medida, para o mundo  Santos-Díez Fotografía de arquitectura 
Construmat  galizart 
 


Sitio antigo de arquitecturagalega.net (até o 2009)


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquil no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5

© 2010 O Sitio da Arquitectura Galega na Rede
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.