Diccionario Interactivo

Aiquí tides unha versión que vai medrando do Diccionario Interactivo de Arquitectura e Construcción.
Na sú modestia o noso diccionario vaise movendo pouco a pouco. Se precisades un meirande alcance podedes visitar o novo Diccionario visual da construcción do COAG. Unha idea moi semellante ó noso pero con maior fondo material.
Tentamos face-lo seu uso o máis sinxelo posible. Por elo, namentres o número de verbas sexa manexable usaremos listas despregabeis nas que escolle-la verba en cuestión (abonda con escolle-la verba no idioma que desexedes e obtirede-la súa definición en galego e mai-las traducciós ás outras linguas). Máis adiante ofreceremos un motor de procura.
A partires de agora aquelas palabras que sexan "propostas" persoais ou que non se atoparan exactamente coa súa grafía en ningún documento actual de referencia (diccionarios ou similares) serán marcadas cun asterisco (Verba*), e aquelas que teñan máis dunha definizón de momento engadiráselles un número de orde ó remate (Verba_N).
Consultade tamén as unidades de medida tradicionais e as súas equivalencias.

www.ArquitecturaGalega.net